Blogue de dlg

Vide, Vide!, Creativas Galegas e Código Cero, premiadas en 2021

Imagen destacada: 

A sociedade compostelá non só acepta senón que demanda e valora que as empresas empreguen o galego na súa comunicación e cada vez máis negocios entenden que a nosa lingua é un valor engadido, de identidade e de calidade, foron as principais conclusións do acto de entrega dos XXII Premios Manuel Beiras

O poder da escolla

Imagen destacada: 

A campaña de información dos Premios Manuel Beiras 2021 pon o foco no poder de elixir. 

En momentos tan complicados economicamente como os actuais é moi importante o apoio ao tecido empresarial local. Os Premios Manuel Beiras, desde o ámbito da dinamización lingüística, contribúen tamén cada ano a poñer en valor os negocios composteláns que manifestan compromiso co maior sinal de identidade do propio: a lingua.