Blogue de fernando

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía, gañadoras da edición 2023 dos Premios Manuel Beiras

Imagen destacada: 

Limpezas Salgado, Entrelampo e E.nova Enerxía foron as empresas seleccionadas polo xurado na XXIV edición dos Premios Manuel Beiras que este ano se presentou baixo o lema "En galego, naturalmente". Recibiron esta tarde os galardóns nunha gala celebrada no Teatro Principal e presidida pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e pola presidenta da Cámara de Comercio, María Pais.

Os Premios Manuel Beiras chegan á súa XXIV edición "En galego, naturalmente"

Imagen destacada: 

"En galego, naturalmente" é o lema co que se presenta este ano os 'Premios Manuel Beiras ao uso do galego na empresa e o comercio', convocados polo Concello de Santiago e a Cámara de Comercio. O slogan da campaña pretende pór en valor o uso da lingua galega nos establecementos locais como unha maneira de conectar coa clientela e achegar naturalidade e proximidade nun mercado cada vez máis global.