Edición 2021

 

Premio Manuel Beiras á nova incorporación ao galego 2021

Creativas Galegas

Unha aposta en feminino por abrir no corazón da Cidade Histórica unha ventá á creatividade máis orixinal e auténtica, que brilla no contexto de monocultivo estandarizado e gaña aínda maior valor ao se presentar orgullosa da nosa lingua e da nosa cultura.

 

   

Premio Manuel Beiras ao uso continuado do galego 2021

Vide, Vide!

Un espazo comercial para quen sabe de viño e para quen non, onde mercar, valorar e aprender van da man para, coa calidade do produto como punto de partida e a nosa lingua como vehículo, viaxar pola xeografía e pola historia deste país.

 

Premio Manuel Beiras á innovación no uso do galego 2021

Código Cero

Vinte anos dando conta das innovacións no sector TIC, interconectando o tecido empresarial vinculado a el e chegando a miles de persoas cada día é unha impagable contribución a que a nosa lingua estea na vangarda.

 

   

 

Vídeos